POLÍTICA DE COOKIES

Benvida/o á POLÍTICA DE COOKIES de RERCOR, un sitio web da entidade Universidade de Vigo, provista de CIF ESQ8650002B, onde explicaremos nunha linguaxe clara e sinxela todas as cuestións necesarias para que poida ter o control sobre elas en base ás súas decisións persoais.

Que son as cookies e para que as usamos?

Unha cookie ou galleta informática é un pequeno arquivo de información que se garda no seu ordenador, smartphone ou tableta cada vez que visite a nosa web.

En principio, unha cookie é inofensiva: non contén virus, troianos, vermes etc. que poidan danar o seu terminal, pero si ten certo impacto sobre o seu dereito á protección dos seus datos persoais, pois recolle determinada información relativa á súa persoa (hábitos de navegación, identidade, preferencias, etc.).

É por iso que, en base ao establecido na normativa aplicable (LSSI e normativa vixente de protección de datos persoais), a activación de determinados tipos de cookies necesitará da súa autorización previa.

Mediante un paso tan sinxelo e rápido como premer nun interruptor no noso apartado Configuración de cookies, poderá dar a súa autorización para a activación das cookies que desexe: tome o control e goce dunha navegación personalizada na nosa web.

Antes diso, darémoslle alguna información adicional que o axudará a unha mellor toma de decisións ao respecto:

  1. As cookies poden ser de varios tipos en función da súa finalidade:

    • As cookies técnicas son necesarias para que a nosa web poida funcionar e non precisan da súa autorización.
    • O resto de cookies poden servir para mellorar a nosa web, para personalizala en base ás súas preferencias, ou para poder mostrarlle publicidade axustada ás súas buscas, gustos e intereses persoais. É necesaria a súa autorización previa para a súa activación, que poderá dar mediante un paso tan sinxelo e rápido como a marcación dun cadro no noso apartado Configuración de cookies.
  2. Algunhas cookies son nosas (denominarémolas cookies propias) e outras pertencen a empresas externas que prestan servizos para a nosa web (denominarémolas cookies de terceiros: un exemplo poderían ser as cookies de proveedores externos como Google). Neste sentido, é importante que saiba que algúns dos ditos proveedores externos poden estar ubicados fóra de España.

    A nivel mundial, non todos os países teñen un mesmo nivel de protección de datos, existindo algúns países máis seguros que outros (por exemplo, a Unión Europea é un entorno seguro para os seus datos). A nosa política é recorrer a proveedores confiables que, con independencia de que se atopen ou non ubicados na Unión Europea, adoptaran as garantías adecuadas para a protección da súa información persoal. Non obstante, no apartado denominado Que tipo de cookies se utilizan actualmente na nosa web?, pode consultar as distintas Políticas de privacidade e protección de datos de cada un dos referidos proveedores externos, coa fin de tomar unha decisión consciente sobre a activación ou non das cookies de terceiros que utiliza a nosa web.

  3. Finalmente indicámoslle que, en función do prazo de tempo que permanecen activas, as cookies poden ser de dous tipos:

    • Cookies de sesión: expiran automaticamente cando termina a sesión no seu ordenador, smartphone ou tableta. Adoitan empregarse para conservar a información necesaria mentres se lle presta un servizo nunha soa ocasión.
    • Cookies persistentes: permanecen almacenadas no seu ordenador, smartphone ou tableta durante un período determinado, que pode variar desde uns minutos ata varios anos.

Que tipo de cookies podemos utilizar na nosa web?

Que tipo de cookies se utilizan actualmente na nosa web?

A continuación, procedemos a informalo sobre todos os tipos de cookies que actualmente se utilizan na nosa web e a finalidade de cada unha delas:

Que pode facer coas cookies?

Cando accede por primeira vez á nosa web, amósaselle unha ventá na que o informamos de que a nosa web utiliza cookies propias e de terceiros unicamente para que a web poida funcionar correctamente e para permitirnos saber como está sendo utilizada. Se preme no botón Aceptar estarán activos estes dous tipos de cookies. Pode pulsar no botón Configuración de cookies para activar ou desactivar as cookies de análise, que son as que nos permiten saber como está sendo utilizada a nosa web.

Recordámoslle que pode cambiar en calquera momento as súas preferencias sobre as cookies accedendo ao apartado Configuración de cookies da nosa web. Alternativamente, pode bloquear ou alertar da presenza de cookies na configuración do seu navegador, se ben o dito bloqueo pode afectar ao correcto funcionamento das distintas funcionalidades da nosa web no caso das cookies técnicas.

Moitas grazas pola súa colaboración.